ROCÍO GARRIDO PRESENTARÁ
“COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO
03.07.2013.
Este domingo 7 de xullo, ás 19.00 horas, Rocío Garrido Caramés
presentará o seu libro de receitas Cociñando
coas razas autóctonas
na Feira do Libro de Vigo.
O
receitario, editado pola Federación de Razas Autóctonas de
Galicia-Boaga, conta cun dos premios Gourmand World Cookbook de 2012,
galardóns de ámbito internacional cos que se distingue a produción
editorial gastronómica e que recoñeceron esta publicación como a
mellor de cociña sostible de España do ano pasado.
Cociñando
coas razas autóctonas
inclúe receitas elaboradas pola propia autora con carnes de todas as
razas autóctonas galegas en perigo de extinción: Ovella Galega,
Cabra Galega, Galo Mos, Porco Celta, Cabalo de Pura Raza Galega e as
bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. No receitario
tamén vén o modo de preparación de varias larpeiradas elaboradas a
base de leite, ovos e queixo fresco, todos produtos secundarios
derivados das devanditas razas.
Rocío
Garrido Caramés (Sanxenxo, 1976) é afeccionada á cociña e editora
do blog La
cocina de mi abuelo.