O RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” TAMÉN SE 

PRESENTARÁ NA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA



Mañá 1 de agosto, ás 18.30 horas, Rocío Garrido Caramés, acompañada por  membros do equipo técnico da Federación de Razas Autóctonas de GaliciaBaoga presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na 42ª edición da Feira do Libro da Coruña, que terá lugar nos xardíns Méndez  Núñez da cidade herculina e que se extenderá desde mañá ata o próximo 11 de agosto. 

O receitario, editado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga,   conta cun dos premios Gourmand World Cookbook de 2012, galardóns de  ámbito internacional cos que se distingue a produción editorial gastronómica e  que recoñeceron esta publicación como a mellor de cociña sostible de España  do ano pasado.

Cociñando coas razas autóctonas inclúe receitas elaboradas pola propia autora con carnes de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción: Ovella Galega, Cabra Galega, Galo Mos, Porco Celta, Cabalo de Pura Raza Galega e as bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. No 
receitario tamén vén o modo de preparación de varias larpeiradas elaboradas a base de leite, ovos e queixo fresco, todos produtos secundarios derivados das devanditas razas. 

Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo, 1976) é afeccionada á cociña e editora do blog La cocina de mi abuelo.